miércoles, 19 de noviembre de 2008

PREMIOS DOS XORNALISTAS DEPORTIVOS - opinion

Estimados amigos e amigas, como directivo de entidades deportivas, a miña mais sincera noraboa tanto como colectivo como a nivel individual ós premiados, na celebración do voso encontro do pasado luns, para recoñecer a laboura daqueles mais destacados o longo do ano.

Algún compañeiro, meu suxeriu ir cunha pancarta á porta do Jofre en Ferrol, para reclamarvos un mínimo de imparcialidade, e aínda que gañas non faltaban, o mellor era cada un, as festas as viva como eso, como festas que deben ser.

Pero agora que xa pasou o evento, e polo que vemos con bastante éxito, non podemos por menos que facervos un toque de atención, para reclamar ese toque de imparcialidade.

É cómodo, sen dubida encher minutos de radio ou páxinas, ou cortes de vídeo, simplemente do Racing, Depor, Celta, etc, que non nos enganemos, a raíz dos seguidores que teñen tampouco son un feito de masas, independentemente da categoría nas que militen.

Hai miles de nenos e nenas xogando, con cantidade de directivos abnegados que se deixan o seu tempo, sen salario algún, como si que pasa en outras divisións, e que teñen unha repercusión mínima nos medios.

Hai cantidade de deportistas anónimos, sen patacón por medio, senón mais ben con gastos, de deportes minoritarios que día a día súan as súas respectivas modalidades, e que case seguro que na vida terán ese recadro de gloria, ou minutos de antena. Ou…¿alguén coñecía o triatlón hai uns anos?..E mais fácil montarse no carro do gañador. Pero moitos directivos, e directivas, por non dicir o 100% falamos unha e outra vez da política comunicativa dos medios no referido o deporte de base, e non para ben tédelo por seguro.

Así que despois da vosa festa, tan so vos pido, …vos pedimos, sede un pouco “Obxectores de conciencia” e non vaiades ó fácil. Falar de Gómez Noya agora é moi fácil, pero habería que haber falado de el, e de moitos mais, bastante antes.

jueves, 13 de noviembre de 2008

LOTERIA DEPORTIVA

Dende hai 7 anos, temos entre 5 das entidades que compoñemos FERROLDEPORTE, un acordo de colaboración para a venda de lotería cubrindo todas as terminacións.

A finais de marzo repartese aquel sobrante de premios que quedara, Así nin metemos recargo e sempre se saca algo.

A colaboración entre entidades, pouco a pouco ten que dar os frutos para favorecer o deporte ferrolan

miércoles, 5 de noviembre de 2008

NO FUTURO DO BERTON, NON SE PENSA NO DEPORTE

Despois de estudiados na derradeira xunta directiva de esta entidade, os documentos facilitados pola Sección de Urbanismo do Concello de Ferrol, sobre o desenvolvemento futuro do novo barrio do Bertón, e visto o reparto das parcelas destiñadas para o espacio deportivo, observamos que:

Son parcelas adicadas o deporte as D2, D3 e D4, de 2214m2, 2932m2 e 2115m2 respeitivamente.

A denominada D3 se incorpora as parcelas deportivas circundantes, é decir os campos de futbol xa existentes na denominada zona deportiva da Gandara.

A denominada D2, e unha continuidade dun parque previsto, e non pode conter instalación algunha cuberta,

A denominada D4, vai incrustada no tecido urban, rodeada de dous edificios de 3 pisos mais baixo, o que se convirte nunha nova praza Sartaña.

As conclusión que sacamos destes primeiros datos son:

1) A superficie a todas vistas, é insuficente para dotar unha nova barriada, que mais por riba se supón de veciños novos en edade, con posibilidade deunha población infantil abundante, e polo tanto con mais necesidades de superficie e instalacións deportivas.

2) Unha das parcelas é como xa nin existira pois tan so sirve para reforzar as instalacións xa existentes.

3) As duas parcelas restantes teñen unha superficie tan mínima que tan so se poderán artellar pequenas pistas polideportivas.

4) Tan so unha delas permite facerlle un aparcamento soterrado, polo que o achegamento en medios moviles, tamen será complicado.

5) A nova barriada do Bertón, mais as existentes e circundantes de Ultramar e San Xoan, seguen a ter, nin terán posibilidades, deste xeito, de ter unha instalación deportiva cuberta cun mínimo de capacidade para desenrolar todo tipo de actos non so deportivos, senon sociais.

6) Ferrol segue a necesitar instalacións deportivas de calidade, como a piscina de 50 mts, ou pavillóns que den cabida a outros deportes: xoquei, ciclismo etc. Nestas parcelas, ni tan sequera podería ir instalada a “instalación de ocio” de Sartaña.

Por todo isto:

Se solicitou a URXENTE, revisión do plan parcial do Bertón, e que non se vexa o deporte, unha vez mais, como algo que ocupa “recortes de terreno sobrante”, senon como un dereito do cidadán e un deber da Administración, de xeito contrario se estará unha vez mais coartando a Ferrol, para que se desenrole en todos os seus sentidos e un deles é o dereito ó deporte e polo tanto a unha cultura de saúde pública.

PROPOSTA DE POLITICA DEPORTIVA MEDIOAMBIENTAL

PROPOÑEMOS: que o Concello que empece a facer una política de corrección de temas medioambientales, nos entornos deportivos, como por exemplo:

1) Estudios e dotación orzamentaria para placas solares nas piscinas municipais,
2) Energía Xeotérmica,
3) Xogar de día (sobre todo nos campos de fútbol) para evitar no posible o uso da iluminación
4) Transporte público, polo menos polas tardes, que una as zonas deportivas, o “Bus Deportivo”, cubriria: os campos de Futbol da Gandara, piscina de Carazna, piscina da Malata, pavillón e pistas da Malata, Instalacions naúticas da Cabana
5) Aparcamentos para bicis cubertos en todas as instalacions

Por último solicitamos que o Concello adopte e se adhiera a Carta Verde do Deporte, auspiciada, polo Consello Superior de Deportes

CUBRIR AS AREAS SAUDABLES -peticion ó concello

Felicitamos as iniciativas, de aumentar a oferta de “parques saudables” como o derradeiro instalado na Malata, que acerca a practica deportiva a todos os cidadans, e suxire duas cuestións:

1) Cubrir as áreas feitas, e ter en conta as que se fagan a partires de agora, e de pouco xeitoso que non se teña en conta a climatoloxia de esta zona

2) Que se estudie a posibilidade dunhas horas a semán de asesoria de técnicos, licenciados de INEF, etc pois ainda que en principio, todo exercico físico é saudable, é ben certo que non todo o mundo pode facer calquera exercicio físico, e menos de máquinas, aida que sexan de mantemento

3 TERTULIAS SOBRE DEPORTE

TERTULIAS SOBRE AS ASOCIACIONS DEPORTIVAS DE FERROL
ferroldeporte
RÍA DE FERROL DE ATLETISMO, NATACIÓN FERROL, GRUPO BAZAN,
BALONMANO FERROLTERRA, MONTAÑA FERROL, REMO A CABANA
CO APOIO DE:

Inivitamos
a todos os directivos e persoas ligadas ó deporte a participar en 3 tertulias de 2 horas a celebrar no ATENEO FERROLAN
Os vinderios 3 XOVES ás 20h , remataran todas as 22h

DIA 16: OS NOSOS (POUCOS) CARTOS
(financiacions, subvencions, axudas, patrocinios privados, comparacions, etc)
DIA 23: OS LUGARES DONDE VIVE O DEPORTE
(infraestructuras, locais, necesidades futuras, etc)
DIA 30: QUE DEBERÍAMOS APRENDER
(a formación, frente a administración, a comunicación, etc)
SE ALGUÉN SABE ALGO SOBRE O DEPORTE EN FERROL SOMOS NOS OS DIRECTIVOS ,
NON IMOS FALAR DE RESULTADOS,
IMOS FALAR DO QUE NOS PREOCUPA DIA A DIA
¡VOS AGARDAMOS!

OFICINA DE XESTION E AXUDA O DEPORTE

A idea da oficina, sería un organismo a proba, para evaluar a eficacia dun servicio de apoio ós directivos das entidades deportivas de Ferrol, que valga de modelo, para o resto dos Concellos, e que en definitiva se apoie dende a administración autonómica, posiblemente seguindo un esquema comarcal.

Este primeiro experimento, plantexamolo como algo a facer no 4º trimestre do ano, entre Ferrol Deporte, o Concello de Ferrol e trasladar esta necesidade a Diputación Provincial.

O principio do resultado se examinaría no mes de Decembro, coa idea de que o 2009 xa funcione permanentemente, e se abra as entidades que o soliciten.

A financiación correría a partes iguais entre as diferentes administración participantes, para as entidades deportivas se poñería unha cuota, baseada nun porcentaje do computo anual das cuotas de cada entidade

1 XESTOR DEPORTIVO
licenciado inef ,
media xornada
FUNCIONS:
Busqueda de recursos, físicos, deportivos, formativos, humans, económicos.
Apoiar en todo momento ó facer deportivos diario das entidades ligadas a FerrolDeporte


1 XESTOR ADMINISTRATIVO,
relaccions laborais
media xornada
FUNCIONS:
Asesorar na contabilidade e xestións administrativas das entidades.
Levar a contabilidade final de cada unha das entidades
Centralizar o cobró de recibos, elaboacións dos mesmos e conseguir as máximas facilidades para este tema
Dar os primeiros paso para unha caixa común de financiación, que se nutra de fondos e recursos externos (esponsores, publicidade, merchandising etc)
Asesorar e levar adiante as tarefas de contratación de personal das diferentes entidades, e as da propia entidade


1 XORNALISTA,
media xornada
FUNCIONS:
Interrelacionar as entidades cos medios
Facilitar as entidades o traslado de información ós medios de comunicación convertindose en interlocutor de estes cara as directivas dos clubes.
Axudar nas comunicación internas das entidades, hacia os socios e externas hacia o publico en xeral.
Xestionar unha WEB que incluya os eventos e realidad deportiva
Editar publicación en papel de distribución masiva