jueves, 9 de julio de 2009

valoración de 2 anos de política deportiva municipal

A directiva en pleno de FerrolDeporte, mantivo unha xuntanza co Alcalde de Ferrol, e mais co Concelleiro do ramo, para facer unha valoración dos 2 anos de goberno.

Os temas que se tocaron en base a propostas prantexadas durante este período foron:

Oficina de apoio a Xestión: Comunica o concello que está aprobado un presuposto de cerca de 50.000 € no patronato para botar a andar no último trimestre do ano, esta iniciativa é positiva, pero xa leva mais dun ano encima da mesa

Política de locais: O concello aínda está a ver de que locais dispón e si se pode chegar a acordos coa Xunta de Galicia, para dotar as entidades de locais comúns. Paralelamente se abrirá unha consulta sobre o estado dos locais das entidades que xa teñen

Política de subvencións: Se intenta transparentar esta xestión en base a publicación na WEB do concello das cantidades concedidas a cada actividade deportiva, se considera que aínda non é suficente

Cambios no patronato: Despois do verán se abrirá un traballo que conleve a modernización do patronato e dotándoo dun maior grado de participación do movemento asociativo deportivo

Incorporación patronato: A caducidade dos estatutos do patronato, notase en que hai figuras como a do médico deportivo que nunca se cubriu, en na que se pediu en vez de él a entrada, pero non foi contestada, e a metade de lexislatura non se propuxo ningún cambio

Publicidade centralizada: A idea de conqueir fondos para o deporte base a traveso da publicidade unificada, e algo que pode reportar fondos pero que non hai dados pasos adiante

Orzamentos participativos: Estase traballando moito na participación nos barrios, pero un sector como este que ten un aspecto moito mais global tiña que ter unha consideración única, que por mais que se insiste, non se avanza

Deputación: Chegase a conclusión de que en materia deportiva a Deputación é absolutamente autista, non conta con ninguén nin contesta, pero as interlocucións que tiña que haber dende o proio concello, tampouco amosan resultado algún


Privatización de instalacións: Indicase dende o concello, quen on se vai a proceder a privatización algunha, que se vai subcontratar o personal de piscina de Caranza, pero en ningún caso so suporá a privatización do us oe xestión das mesmas. FerrolDeporte, déixalle claro a calquera Administración que nin pasa, nin apoia a privatización de ningunha instalación deportiva

Novas instalacións: FerrolDeporte leva reclamando unha axenda 21 do deporte, para fixar un horizonte, tanto de accións como de instalacións deportivas, e que non vaia a remolque a inversións e planificación deportivas como pasa no barrio do Bertón, ou a falla de discusión sobre estas necesidades, estando a espera do que se lle ocorra a calquera político en calquera momento

Formación de cadros: Este é simplemente un capitulo morto, no eido municipal, pese a que se leva reclamando constantemente

Seguimento e valoración: Ferroldeporte, se comprometeu a facer un seguimento da política municipal deportiva, habida conta que as propostas de FerrolDeporte, foran asumidas basicamente polos partidos do pacto de Goberno, nun principio, e polo partido gobernante actual en particular, e aínda que se recoñecen paso adiante, dende FD, parece que se está mais na onda da organización dos grandes eventos deportivos, ou a participación cidadán representada nos barrios, pero que o tema deportivo vai nunha marcha mais lenta, aínda que hai un compromiso claro tanto do Alcalde como do propio Concelleiro de darlle un forte tirón na última parte do ano, convocando, incluso o “foro de entidade deportivas”, para abrir vías de cambio no funcionamento deportivo de Ferrol