martes, 1 de septiembre de 2009

Bases da convocatoria de subvencións para a galeguización de páxinas web de clubs e entidades deportivas

O Concello Pleno aprobou, en sesión ordinaria do 30 de xullo de 2009, as seguintes bases de convocatoria de subvencións para a galeguización de páxinas web de clubs e entidades deportivas

Primeiro. Obxecto.
A finalidade desta convocatoria é a concesión de axudas a clubs e entidades deportivas do Concello de Ferrol para promover a presenza da lingua galega nas súas páxinas web mediante réxime de concorrencia competitiva.
Esta subvención ten dúas vertentes:
a) Opción A. Axudas para entidades deportivas e clubs que xa teñan páxina web para que ofrezan a versión en lingua galega da citada páxina web
b) Opción B. Axudas para entidades deportivas e clubs que ofrecen xa a súa páxina web en lingua galega para que poidan proceder á actualización do seu contido e corrección lingüística.
Os proxectos obxecto desta convocatoria deberán realizarse desde o 1 de xaneiro de 2009 ata o 12 de decembro de 2009.
Cantidade máxima para distribuir e aplicación orzamentaria. doce mil euros (12.000,00€) con cargo á aplicación orzamentaria 0601 121B 48000 do orzamento 2009.