miércoles, 12 de enero de 2011

CAMPO FUTBOL DE A MALATA.

Hai que partir dunha premisa: calquera Directivo dunha entidade deportiva en Ferrol, merece un monumento. Non serei eu quen diga que directiv@, presidente/a ou vocal, merece ou non unha homenaxe..

De aí a que unha instalación pública leve unha nominación de alguén xa ten que ter unha boa razón. Evidentemente Campión do Mundo, non creo que ninguén teña nada que alegar, aí temos o “Complexo Javier Gómez Noya”.

Pero polo demais non nos chegarían nin as pazas para poñer monumentos, nin instalacións para os diferentes “presis”, sobre todos aqueles que lle adicaron, o seu tempo a andar cos nenos e nenas dun campo para outro, dunha pista para outra, dun embarcadoiro ou unha piscina, con modestos salarios, e perdendo do seu traballo, ou do tempo de lecer coa súa familia, que adiantan ou poñen cartos do seu modesto propio peto, ou rebentaron so seus humildes coches

Seguro que ningunha entidade desas que teñen directivos que merecen a medalla ó traballo, se cree o ombrigo do deporte ferrolán, seguro, que ningunha ten unhas importantes inversións do erario publico, seguro que moitas non dispoñen dunhas macro instalacións como as que non ten nin o propio Patronato, a cero euros.

As veces hai que mirar para o entorno, xa non para ver en que taboa de clasificación estas (que ó mellor tamén importa algo), e ver cantos deportistas a nivel individual, como persoas, que empezaron contigo, están alo enriba. As veces tamén tes que mirar que aportas o global do deporte dunha cidade, e tamén cando chegues a unha cima de esas moitas que nos poñemos na vida (e de iso sei algo), ver que sen os que van contigo na “cordada”, no camiño, na viaxe, ti non es nada.

Temos recentemente cambios de nomes de estadios de fútbol (propio por certo, non públicos), e non creo que sexa boa idea, nin nomealos, nin des-nomealos. Así que A Malata é un nome precioso, e se alguén quere facer unha homenaxe a un directivo. Por suposto, e creo que podo falar no nome de todos, que conte co resto do directivos ferroláns.