martes, 1 de septiembre de 2009

Bases da convocatoria de subvencións para a galeguización de páxinas web de clubs e entidades deportivas

O Concello Pleno aprobou, en sesión ordinaria do 30 de xullo de 2009, as seguintes bases de convocatoria de subvencións para a galeguización de páxinas web de clubs e entidades deportivas

Primeiro. Obxecto.
A finalidade desta convocatoria é a concesión de axudas a clubs e entidades deportivas do Concello de Ferrol para promover a presenza da lingua galega nas súas páxinas web mediante réxime de concorrencia competitiva.
Esta subvención ten dúas vertentes:
a) Opción A. Axudas para entidades deportivas e clubs que xa teñan páxina web para que ofrezan a versión en lingua galega da citada páxina web
b) Opción B. Axudas para entidades deportivas e clubs que ofrecen xa a súa páxina web en lingua galega para que poidan proceder á actualización do seu contido e corrección lingüística.
Os proxectos obxecto desta convocatoria deberán realizarse desde o 1 de xaneiro de 2009 ata o 12 de decembro de 2009.
Cantidade máxima para distribuir e aplicación orzamentaria. doce mil euros (12.000,00€) con cargo á aplicación orzamentaria 0601 121B 48000 do orzamento 2009.

jueves, 9 de julio de 2009

valoración de 2 anos de política deportiva municipal

A directiva en pleno de FerrolDeporte, mantivo unha xuntanza co Alcalde de Ferrol, e mais co Concelleiro do ramo, para facer unha valoración dos 2 anos de goberno.

Os temas que se tocaron en base a propostas prantexadas durante este período foron:

Oficina de apoio a Xestión: Comunica o concello que está aprobado un presuposto de cerca de 50.000 € no patronato para botar a andar no último trimestre do ano, esta iniciativa é positiva, pero xa leva mais dun ano encima da mesa

Política de locais: O concello aínda está a ver de que locais dispón e si se pode chegar a acordos coa Xunta de Galicia, para dotar as entidades de locais comúns. Paralelamente se abrirá unha consulta sobre o estado dos locais das entidades que xa teñen

Política de subvencións: Se intenta transparentar esta xestión en base a publicación na WEB do concello das cantidades concedidas a cada actividade deportiva, se considera que aínda non é suficente

Cambios no patronato: Despois do verán se abrirá un traballo que conleve a modernización do patronato e dotándoo dun maior grado de participación do movemento asociativo deportivo

Incorporación patronato: A caducidade dos estatutos do patronato, notase en que hai figuras como a do médico deportivo que nunca se cubriu, en na que se pediu en vez de él a entrada, pero non foi contestada, e a metade de lexislatura non se propuxo ningún cambio

Publicidade centralizada: A idea de conqueir fondos para o deporte base a traveso da publicidade unificada, e algo que pode reportar fondos pero que non hai dados pasos adiante

Orzamentos participativos: Estase traballando moito na participación nos barrios, pero un sector como este que ten un aspecto moito mais global tiña que ter unha consideración única, que por mais que se insiste, non se avanza

Deputación: Chegase a conclusión de que en materia deportiva a Deputación é absolutamente autista, non conta con ninguén nin contesta, pero as interlocucións que tiña que haber dende o proio concello, tampouco amosan resultado algún


Privatización de instalacións: Indicase dende o concello, quen on se vai a proceder a privatización algunha, que se vai subcontratar o personal de piscina de Caranza, pero en ningún caso so suporá a privatización do us oe xestión das mesmas. FerrolDeporte, déixalle claro a calquera Administración que nin pasa, nin apoia a privatización de ningunha instalación deportiva

Novas instalacións: FerrolDeporte leva reclamando unha axenda 21 do deporte, para fixar un horizonte, tanto de accións como de instalacións deportivas, e que non vaia a remolque a inversións e planificación deportivas como pasa no barrio do Bertón, ou a falla de discusión sobre estas necesidades, estando a espera do que se lle ocorra a calquera político en calquera momento

Formación de cadros: Este é simplemente un capitulo morto, no eido municipal, pese a que se leva reclamando constantemente

Seguimento e valoración: Ferroldeporte, se comprometeu a facer un seguimento da política municipal deportiva, habida conta que as propostas de FerrolDeporte, foran asumidas basicamente polos partidos do pacto de Goberno, nun principio, e polo partido gobernante actual en particular, e aínda que se recoñecen paso adiante, dende FD, parece que se está mais na onda da organización dos grandes eventos deportivos, ou a participación cidadán representada nos barrios, pero que o tema deportivo vai nunha marcha mais lenta, aínda que hai un compromiso claro tanto do Alcalde como do propio Concelleiro de darlle un forte tirón na última parte do ano, convocando, incluso o “foro de entidade deportivas”, para abrir vías de cambio no funcionamento deportivo de Ferrol

viernes, 15 de mayo de 2009

BORRADOR DE BASES REGULADORAS DE SUBVENCIONS

O concello ven de facer un borrador de bases reguladoras para a convocatoria de subvencións, está a disposición de todos aqueles que lle queran botar un vistazo e facer suxerencias.

E interesante para que despois non haxa situacións dificiles de encaixar no asociacionismo

PRESENTACION DO PLAN DE NORMALIZACION LINGÜÏSTICA NO DEPORTE

O luns 18, se presentá as 13h as accións para potenciar o galego no deporte en Ferrol.
Son pasos que se están a dar, para normalizar algo, que debería ser normal

martes, 12 de mayo de 2009

RECURSOS LINGÜISTICOS PARA O DEPORTE

O departamento de Normalización Lingüsitica do concello organiza unhas xornadas os mercores 20 e 27 de maio e 3 de xuño, para coñecer os recursos na rede de uso do galego no mundo do deporte

gnl@ferrol.es

981 940 014

miércoles, 6 de mayo de 2009

LOCALES ENTIDADES DEPORTIVAS FERROL

Xa nos empezan a chegar respostas


S.D.OS AMIGOS
-> Non ten local
-> Gardan todo nunhas estanterias no garaxe da casa do responsable

ATLETISMO RIA FERROL
-> Cedido de 40m2 nas pistas da Malta, para oficiñas e almacen

NORTHWEST SNOW
-> Non ten local

CLUB BALONAMNO FERROLTERRA
-> Non ten local

CLUB TRIATLON FERROL
-> Non ten local

RACING SAN PEDRO
-> Aluguer Gastos de 330 € mes

CLUB SINCRO FERROL
-> Non ten local

CLUB BALONMANO FERROLTERRA
-> Non ten local

CLUB NATACION FERROL
-> Aluguer

CLUB MONTAÑA FERROL
-> Propiedade, abona a EMAFESA e o IBI o Concello, e gastos varios(seguro, telefono, fenosa)

CLUB REMO A CABANA
-> Cedido polo concello, na Cabana, obras a cargo da entidade

CLUB CICLISTA FERROL/BTT FERROLTERRA
-> Cedido polo concello, baixo en Caranza

ESCOLA DEPORTIVA DO INFERNIÑO
-> Non ten local

PAXINAS WEB EN GALEGO

O departamento de Normalización Limgüistica do Concello, do que tamén é resposnable o concellerio de deprotes M.Santaigo, está a recuperar un traballo "perdido" durante os 4 anos anteriores, sobre a incorporación do galego ó eido deportivo.
Se está a traballar en potenciar o galego en base a dar feramentas ós clubes para facilitar o traballo.
Por outra banda estase a barallar abrir unha liña de axudas para facer as páxinas webs, das entidades deportivas que esten dispostas, que sexan bilingües.
A mediados deste mes se presentarán as actuacions a ter en conta

martes, 5 de mayo de 2009

Foro Cidadá de Reflexión e Debate sobre Deporte, Lecer e Tempo Libre, no Concello de FerrolXoves

7 de Maio,
ás 7 da Tarde
no Ateneo Ferrolán

Intervencións prevista no Foro Cidadán:
Xan Ramírez que participa na asociación "Ferrol Deporte" como membro do "Clube de Montaña de Ferrol"
Mel Sanxoań que participa na "Escola Deportiva Inferniño"
Miguel López Perez que preside a "Asociación Veciñal -Fontelonga- de Esteiro"
Juan Martínez que participa na ANPA do "Colexio Público Recimil"
Manuel Santiago Pérez Concelleiro de Deportes e Participación Cidadá
Inácio Martinez Orero do "Colectivo Ártabra 21" como coordenador do foro.

O acto consistirá en respostar as seguintes preguntas:
Pensas que en Ferrol faltan infraestruturas deportivas e de lecer ?
Pensas que hai unha demanda social destas infraestruturas deportivas e de lecer ?
Que é o que lle falta a Ferrol, no campo deportivo e de lecer, segundo a túa opinión ?
Pensas que as instalacións de O Monton deberían estar abertas a toda a veciñanza en xeral ?
Pensas que hai un infrautilización das instalacións deportivas dos centros públicos de ensino ?
Pensa que é necesario a construción do proxectado "Centro Deportivo e de Lecer da Praza de España" e por que ?

lunes, 4 de mayo de 2009

ENQUISA SOBRE LOCAIS SOCIAIS

Na derraderia directiva da Asociación FerrolDeporte, acordouse empezar a dar paso, para facilitar o concello, ter unha idea sobre as necesidades e actualidade das entidades deportivas.
Así se remitiu unha ficha a todas as entidades das que se ten correo electronico, para saber exacatamente cal é o estado dos locais onde se fragua todas as actividades deportivas que se fan no concello.
Está claro que non é igual dipoñer dun local social cedido polo concello, que pola contra ter un propio e "subvencionar" ó concello con o IBI o o recibo da auga.
Pensamos que con istes datos se poderá facer cada vez mais unha política mais xusta e de apoio ós clubes sobre todo de base.

miércoles, 18 de marzo de 2009

ESTUDIO SOBRE O PATRONATO

O Concelleiro comprometeuse cos directivos de FerrolDeporte de abrir unha via de estudo dos estatutos e funcionamento do Patronato.

Esto é algo reclamado desde a entidade as diferentes forzas politicas e algo asumido polo actual grupo gobernante.

Se espera consolidar en breve, un grupo de traballo, que ó longo deste ano recolla as necesidades mais interesantes para executar os cambios necesarios, para darlle voz ós colectivos deportivos

lunes, 16 de marzo de 2009

LOCAL RODAS DE PRENSA

Na derradeira xuntanza mantida co Concelleiro, se lle plantexou a posibilidad de contar cun local permanente, onde todas as entidades deportivas podan facer as suas rodas de prensa.
O Concellerio plantexou como , sen nengún problema a utilización da sala de prensa do Estadio Municipal de Malata, polo que haberá que solicitar no patronato a partires de agora, esta utilización, e a ser posible recomendamos facelo, neses horarios onde antes o despois, algunha outra entidade xa a faga.

miércoles, 21 de enero de 2009

COMPENSACION LOCAIS PROPIOS

Una proposta, que dende o principio levou FerrolDeporte ó Concello, foi que se tivera en conta a titularidade e gastos de locais sociais.

Non é igual aquel que paga un alquiler, aquel que o ten en propiedade e ten que pagara a EMAFESA e incluso o IBI, que o que ten un estadio enteiro.....

O Concelleiro vai a levar a Participación Cidadan, a inclusión das entidades deprotivas, dentro dun censo que está a facer dende, para a posteriori estudiar cada caso, e tentar equilibrar estas diferencias.

XUSTIFICACION SUBVENCIONS CONCELLO

Sabedes que ate de agora, habia que xustificar as subvencions con facturas orixinais, por moito que se lle discutiu ós responsables de Intervención durante anos, incluso ca Lei de Procedemento Administrativo na mau.

Isto foi unha petición de solución de FerrolDeporte dende o principio que se lle chegou a trasladar incluso ó Alcalde.

Pois despois de consultas o Secretario Municipal, por fin se poden presentar fotocopias compulsadas e dilixenciadas.

O que realmente intreseante, sería saber porque no se pon no seu sitio de vez en cando algún funcionario que parece que está contra o movemento asociativo, e interpreta a Lei o seu xeito

jueves, 8 de enero de 2009

SUBVENIONS DA DIPUTACION

Xa están convocadas un ano mais a subvencións da Diputación.

Se como directivo da entidade tes algún problema que entre todos chos podamos solucionar ou suxerencias a dar, non dubides en poñerte en contacto conosco

ferroldeporte@gmail.com