viernes, 12 de diciembre de 2008

NOVA PISTA DEPORTIVA NO INFERNIÑO

* Escrito presentado por REXISTRO XERAL DO CONCELLO DE FERROL en data 11 de Decembro-08.


A ESCOLA DEPORTIVA INFERNIÑO é unha asociación deportiva sen animo de lucro, con domicilio social neste barrio do Inferniño e que seu principal fin é acercar aos nenos e nenas, desde bebés, ao mundo do deporte dende a base.

Esta ESCOLA DEPORTIVA denunciamos que esta PISTA DEPORTIVA (DEP-3) non cumpre co seu cometido de espazo público adicado á práctica deportiva da infancia e xuventude nunhas mínimas condicións esixibles, habendo as veces bastantes lesións motivado ao estado do solo -LIXA nesta pista.

Destacar as queixas en xeral desta pista ademais de non dispoñer dun ALUMEADO axeitado e, por tanto, padecer dunha PISTA ESCURA.

Consideramos que esta PISTA ESTÁ OBSOLETA E ANTICUADA, ademais nun lamentable estado de abandono e desidia por parte dos continuos gobernos locais.

Para alcanzar este fin, o concello e institucións públicas deben ofrecer unhas instalacións dignas, dunha óptima calidade para que os deportistas podan realizar unha actividade deportiva satisfactoria.

Os pais e nais reclamamos una PISTA co seu perímetro totalmente pechada e protexida onde os deportistas podan xogar ou competir desde unha seguridade homologada e dunhas instalacións de calidade, impulsando o cumprimento do PXOU neste espazo DEP-3.

Ante os planos do Goberno Central no marco do Fondo Estatal de Investimento Local para dinamizar a economía con obras de melloras e rehabilitación nos ESPAZOS PUBLICOS, a Xunta directiva desta Asociación demanda do Concello de Ferrol a CONSTRUCIÓN DUNHA AREA DEPORTIVA cara a realizar unha actividade deportiva de calidade.

Nas nosas preferencias de disciplinas deportivas está a creación dunha PISTA DE BALONCESTO e MINI-BASKET protexida para os mais peques, ademais doutras practicas deportivas nocturnas onde sería esta Praza e Pista deportiva un referente.


Ferrol a 10 de Decembro de 2008.



O Presidente

miércoles, 10 de diciembre de 2008

REUNION DA XUNTA DIRECTIVA 9/12/08

A xunta directiva de Ferroldeporte estivo onte analizando cuestions como as subvencions da Diputación, cada vez mais complicado e a punto de rematar co movemento asociativo.
Quedou a idea no aire de intentar invitar a alguen da Diputació para que lle explique ós clubes deportivos as dudas na xestión das axudas.

Está en pe a idea de facer unha despedida do ano invitando a todos os directivos de entidades ferrolans de deporte, polo menos para vernos as caras.

Sigue en pe una xuntanza prevista co Concelleiro de Deportes, para analizar todas as propostas que se lle foron facendo nos derradeiros tempos

Falouse tamén do repentino do Master de Tenis, e as necesidades futuras de infraestructura deportiva, como por exemplo a piscina, e a duda que está no aire de privatizar a de Caranza como se fixo coa da Malata, ó que se lle vai facer un seguimento e por suposto non permitir que iso pase.