viernes, 12 de diciembre de 2008

NOVA PISTA DEPORTIVA NO INFERNIÑO

* Escrito presentado por REXISTRO XERAL DO CONCELLO DE FERROL en data 11 de Decembro-08.


A ESCOLA DEPORTIVA INFERNIÑO é unha asociación deportiva sen animo de lucro, con domicilio social neste barrio do Inferniño e que seu principal fin é acercar aos nenos e nenas, desde bebés, ao mundo do deporte dende a base.

Esta ESCOLA DEPORTIVA denunciamos que esta PISTA DEPORTIVA (DEP-3) non cumpre co seu cometido de espazo público adicado á práctica deportiva da infancia e xuventude nunhas mínimas condicións esixibles, habendo as veces bastantes lesións motivado ao estado do solo -LIXA nesta pista.

Destacar as queixas en xeral desta pista ademais de non dispoñer dun ALUMEADO axeitado e, por tanto, padecer dunha PISTA ESCURA.

Consideramos que esta PISTA ESTÁ OBSOLETA E ANTICUADA, ademais nun lamentable estado de abandono e desidia por parte dos continuos gobernos locais.

Para alcanzar este fin, o concello e institucións públicas deben ofrecer unhas instalacións dignas, dunha óptima calidade para que os deportistas podan realizar unha actividade deportiva satisfactoria.

Os pais e nais reclamamos una PISTA co seu perímetro totalmente pechada e protexida onde os deportistas podan xogar ou competir desde unha seguridade homologada e dunhas instalacións de calidade, impulsando o cumprimento do PXOU neste espazo DEP-3.

Ante os planos do Goberno Central no marco do Fondo Estatal de Investimento Local para dinamizar a economía con obras de melloras e rehabilitación nos ESPAZOS PUBLICOS, a Xunta directiva desta Asociación demanda do Concello de Ferrol a CONSTRUCIÓN DUNHA AREA DEPORTIVA cara a realizar unha actividade deportiva de calidade.

Nas nosas preferencias de disciplinas deportivas está a creación dunha PISTA DE BALONCESTO e MINI-BASKET protexida para os mais peques, ademais doutras practicas deportivas nocturnas onde sería esta Praza e Pista deportiva un referente.


Ferrol a 10 de Decembro de 2008.



O Presidente

No hay comentarios: