miércoles, 19 de noviembre de 2008

PREMIOS DOS XORNALISTAS DEPORTIVOS - opinion

Estimados amigos e amigas, como directivo de entidades deportivas, a miña mais sincera noraboa tanto como colectivo como a nivel individual ós premiados, na celebración do voso encontro do pasado luns, para recoñecer a laboura daqueles mais destacados o longo do ano.

Algún compañeiro, meu suxeriu ir cunha pancarta á porta do Jofre en Ferrol, para reclamarvos un mínimo de imparcialidade, e aínda que gañas non faltaban, o mellor era cada un, as festas as viva como eso, como festas que deben ser.

Pero agora que xa pasou o evento, e polo que vemos con bastante éxito, non podemos por menos que facervos un toque de atención, para reclamar ese toque de imparcialidade.

É cómodo, sen dubida encher minutos de radio ou páxinas, ou cortes de vídeo, simplemente do Racing, Depor, Celta, etc, que non nos enganemos, a raíz dos seguidores que teñen tampouco son un feito de masas, independentemente da categoría nas que militen.

Hai miles de nenos e nenas xogando, con cantidade de directivos abnegados que se deixan o seu tempo, sen salario algún, como si que pasa en outras divisións, e que teñen unha repercusión mínima nos medios.

Hai cantidade de deportistas anónimos, sen patacón por medio, senón mais ben con gastos, de deportes minoritarios que día a día súan as súas respectivas modalidades, e que case seguro que na vida terán ese recadro de gloria, ou minutos de antena. Ou…¿alguén coñecía o triatlón hai uns anos?..E mais fácil montarse no carro do gañador. Pero moitos directivos, e directivas, por non dicir o 100% falamos unha e outra vez da política comunicativa dos medios no referido o deporte de base, e non para ben tédelo por seguro.

Así que despois da vosa festa, tan so vos pido, …vos pedimos, sede un pouco “Obxectores de conciencia” e non vaiades ó fácil. Falar de Gómez Noya agora é moi fácil, pero habería que haber falado de el, e de moitos mais, bastante antes.

No hay comentarios: